Santiago de Compostela, 13 de Abril do 2016
Circular 08/16
Asunto: Curso Básico: “Experto en Peritación Xudicial”
Estimad@s colexiad@s:
Continuando coas actividades formativas previstas para o ano 2016 presentamos o curso de “Experto en Peritación Xudicial”, de (11) horas de duración, co obxectivo principal de que o alumnado asistente poida coñecer de primeira man como facer un Informe Pericial e como presentalo nun Xulgado. Espero que sexa do voso interese. ¡É imprescindible para formar parte das listas que cada ano COETICOR facilita aos Xulgados!
A impartición do curso referido no asunto correrá a cargo da prestixiosa asociación AGAPEXUFO e será levado a cabo polos seguintes profesores:
- Carmen Vercher , Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Jose Manuel Lopez, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Gregorio Alonso Bosch, Director del Área de Docencia e Investigación del Foro para el Estudio de las Ciencias Criminológicas (FECCRIM)
- Juan M. Agueitos Pouso, Pericial Noroeste.
- Telmo Rodriguez Cid, Tribunal Superior de Justicia de Galicia. Presidente de AGAPEXUFO
A partir da data referida no encabezado, ábrese o PRAZO DE INSCRICIÓN nesta actividade para, una vez recibidas un mínimo de (15) solicitudes, proceder a súa posta en marcha. Pídovos que realicedes a inscrición coa maior celeridade posible, dado que esta farase por rigoroso orden de confirmación.
Como de costume, e respectando a vosa preferencia de que o curso se realice en horario “compatible” coa actividade profesional, acordamos as datas e horarios que figuran no díptico adxunto.
NOTAS:
- Esta actividade está subvencionada en parte polo Colexio para os nosos colexiados.
Asdo.: Manuel López López
Coordinador de Formación