Continuando coa oferta formativa prevista para o ano 2016 presentamos un curso básico de Revit de (30) h. de duración dado que vai a ser obligatorio, para os proxectos de construcción, presentalos no formato BIM.
BIM é un sistema de Modelado da Información de Edificios (Building Information Modeling) que nos permite facer unha xestión integrada de planos e documentación. Debuxamos un só edificio en 3D e logo cada plano non é máis que unha vista do edificio. Os cambios feitos no modelo reflíctense nos planos e ao revés. É un sistema que permite obter moita máis información que a de un simple debuxo.
Creemos que é moi interesante sobre todo para os colexiados que fagan traballos (ou teñan previsto facelos) relacionados coa reforma de edificios.
O curso vai a ser impartido por un técnico con experiencia, pertencente á “Fundación Laboral de la Construcción”.