CURSO DE INSTALACIÓNS DE ALMACENAMENTO E DISTRIBUCIÓN DE GAS (GLP)

Curso de Gas

Circular 05/16

Asunto: Curso “Instalacións de Gas e G.L.P.”

 

Estimad@s colexiad@s:

 

¡Atención!, presentamos novamente o curso de “Instalacións de Gas”, de 20 horas de duración, co obxectivo principal de que o alumnado asistente poida coñecer a diferente normativa de aplicación así como profundizar nas características técnicas e criterios de deseño das instalacións. Espero que sexa do voso interés.

A impartición do curso referido no asunto correrá a cargo de D. José Luis Sanz Acosta, colexiado de esta Sede e técnico de recoñecido prestixio no sector do Gas e G.L.P., entre outros. Á finalización  do mesmo, o alumnado obterá o correspondente Diploma de acreditación.

A partir da data referida no encabezado, ábrese o PRAZO DE INSCRICIÓN nesta actividade para, una vez recibidas un mínimo de (20) solicitudes, proceder a súa posta en marcha. Pídovos que realicedes a inscrición coa maior celeridade posible, dado que esta farase por rigoroso orden de confirmación.

Como de costume, e respectando a vosa preferencia de que o curso se realice en horario “compatible” coa actividade profesional, acordamos as datas e horarios que figuran no díptico adxunto.

NOTAS:

  1. Ao inicio do curso farase entrega da correspondente documentación.
  2. Esta actividade está subvencionada en parte polo Colexio.
Asdo.: Manuel López López

Coordinador de Formación

 

Quedando á túa disposición, recibe un cordial saúdo.

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.