Circular 06/16
Asunto: Curso “Instalacións de VAPOR, producción e transporte”
Estimad@s colexiad@s:
Continuando co programa de formación previsto para o ano 2016, presentamos o curso de “Instalacións de VAPOR”, de 8 horas de duración, co obxectivo principal de que o alumnado asistente poida coñecer a diferente normativa de aplicación así como profundizar nas características técnicas e criterios de deseño das instalacións.
A impartición do curso referido no asunto correrá a cargo do colexiado D. José Luis Sanz Acosta compañeiro da xunta de goberno e técnico de recoñecido prestixio. Á finalización do mesmo, o alumnado obterá o correspondente Diploma.
A partir da data referida no encabezado, ábrese o PRAZO DE INSCRICIÓN nesta actividade para, una vez recibidas un mínimo de (20) solicitudes, proceder a súa posta en marcha. Pídovos que realicedes a inscrición coa maior celeridade posible, dado que esta farase por rigoroso orden de confirmación.
Como de costume, e respetando a vosa preferencia de que o curso se realice en horario “compatible” coa actividade profesional, acordamos as datas e horarios que figuran no díptico adxunto.
NOTAS:
- Ao inicio do curso farase entrega da correspondente documentación.
- Esta actividade está subvencionada en parte polo Colexio.
|
Quedando á túa disposición, recibe un cordial saúdo.