O Real Decreto 513/2017, que aproba o novo Regulamento de instalacións de protección contra incendios, e que entrou en vigor en decembro de 2017, introduce numerosas novidades con respecto ao anterior regulamento, Real Decreto 1942/1993, que é necesario que os proxectistas e as empresas instaladoras e mantedoras de protección contra incendios coñezan para o bo desenvolvemento da súa actividade. O obxectivo do regulamento é determinar as condicións e requisitos esixibles ao deseño, instalación, mantemento e inspección dos equipos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección contra incendios.
O RIPCI é fundamental para unha seguridade contra incendios eficaz, e incorpora tanto as esixencias derivadas da implantación da lexislación europea, como a regulación dos sectores que non estaban contemplados, e os produtos que non se atopaban amparados por normas armonizadas. Esta xornada pretende dar a coñecer as novidades máis importantes e os requisitos establecidos ás empresas e ás instalacións de protección contra incendios.